O mal querer / Natalia Carou
por Carou Figueira, Natalia (1974- ) [autor/a]
.
Tipo: 





Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CIFP Paseo das Pontes Sala préstamo | 82N-G CAR mal | Dispoñible | CER005000000532 |
|
Gañadora da 2.ª Edición do Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2019).
Gañadora do VI edición Premio Follas Novas do Libro galego na sección “Xuvenil” (2021).
O xurado destacou sobre a mesma: Trátase dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destrutor no que se ve atrapado o lector.
Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites. Malia todo iso, non quixeras estar no seu lugar. Cando Iria Fraga chega ao centro de menores Monteorellán para facer un informe pericial psicolóxico sobre o rapaz, despois de que este cometese un delito, descubre que nesta historia nada é o que parece. Cibrán Ulloa vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro.
1º-2º ESO
3º-4º ESO
1º-2º BAC
Adultos/as