«[La amistad] Consiste en amar a un ser humano como se querría amar a toda la humanidad».
De la amistad, Simone Weil
Nós e as autoras que participan neste volume, hamor 9 amigas, reivindicamos e practicamos a amizade en múltiples e diversas formas. Que as amigas nos poden salvar a vida grítano desde sempre os feminismos, e levámolo como bandeira as minorías, migrantes, racializadas e o colectivo LGTBQIA+.
Como bibolleras tamén sabemos que as amigas poden ser amantes, ou suxeitos de desexo, e esta forma de amizade-amorosa pode ser vivida desde a idealización, o rexeitamento ou a identificación absoluta.
E ademais démonos conta de que a amizade en ocasións necesita distancia, de que hai amigas que se separan, temporalmente ou para sempre, de que o duelo é tamén unha dor que pode chegar a formar parte deste tipo en aparencia tan universal e con todo absolutamente particular de relacións.
A amizade, por último, debería ser crítica e non converterse noutro concepto susceptible de ser transformado en produto de consumo polo neoliberalismo.
Como ben di Nerea Pérez de las Heras: "En momentos críticos, la verdadera tragedia es no tener amigas", e añadimos: e en momentos de gozo, tamén.
1º-2º BAC