Así vou eu, formando parte / Luísa Villalta
por Villalta, Luísa (1957-2004) [autor/a]; Veiga, Eva (1961-) [autor/a do material complementario]; Pallarés, Pilar (1957-) [autor/a do material complementario].
Tipo: LibroSeries: (Cova da Lontra ; 10).Editor: Santiago de Compostela : Chan da Pólvora , 2024 Edición: 1ª.Descrición: 226 p. : il., fot. ; 21 cm.ISBN: 9788412771121.Materia(s): antoloxía | poesíaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Así vou eu, formando parte non é só unha antoloxía que percorre a obra de Luísa Villalta para amosar as súas vertentes máis intensas, senón tamén un cofre que contén inesperados tesouros e que Eva Veiga nos ofrece xunto a Pilar Pallares con toda a súa xenerosidade. Durante meses –antes incluso de acordar a RAG dedicarlle a Villalta o Día das Letras Galegas– Pallarés e Veiga adentráronse no seu complexo mundo simbólico para amosalo no seu manto esplendente, por momentos sobrecolledor pero sempre fiel aos principios éticos que defendía. O libro inclúe senllos textos das antólogas onde analizan, de maneira singularizada, os poemarios de Villalta ou despexan nun marco teórico a súa pulsión creadora. Da propia autora aparecen tamén pezas documentais que axudan a comprender as raíces da súa obra. Luísa Villalta foi un alustro que cruzou o tránsito de dous séculos e nos deixou unha poesía atravesada pola busca da verdade na palabra. Entrou na arte a través da música pero “un día” decidiu anoar as cordas do seu violín –era unha experta instrumentista– e fuxiu dos palacios como as princesas para adentrase no bosque, acirrada pola “necesidade de coñecer”. Así vou eu, formando parte, título que fai referencia a unha das frases da autora, é unha secuencia de lectura nova sobre a poesía rebelde de Luísa Villalta e, ao mesmo tempo, unha mirada documental sobre os seus procesos de liberade creadora. Estamos ante unha poesía que lle esixe a cada poema algo máis alá do pensado.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CIFP Paseo das Pontes Sala préstamo | 82P-G VIL asi | Dispoñible | CER005000000200 |
|
Así vou eu, formando parte non é só unha antoloxía que percorre a obra de Luísa Villalta para amosar as súas vertentes máis intensas, senón tamén un cofre que contén inesperados tesouros e que Eva Veiga nos ofrece xunto a Pilar Pallares con toda a súa xenerosidade. Durante meses –antes incluso de acordar a RAG dedicarlle a Villalta o Día das Letras Galegas– Pallarés e Veiga adentráronse no seu complexo mundo simbólico para amosalo no seu manto esplendente, por momentos sobrecolledor pero sempre fiel aos principios éticos que defendía.
O libro inclúe senllos textos das antólogas onde analizan, de maneira singularizada, os poemarios de Villalta ou despexan nun marco teórico a súa pulsión creadora. Da propia autora aparecen tamén pezas documentais que axudan a comprender as raíces da súa obra.
Luísa Villalta foi un alustro que cruzou o tránsito de dous séculos e nos deixou unha poesía atravesada pola busca da verdade na palabra. Entrou na arte a través da música pero “un día” decidiu anoar as cordas do seu violín –era unha experta instrumentista– e fuxiu dos palacios como as princesas para adentrase no bosque, acirrada pola “necesidade de coñecer”. Así vou eu, formando parte, título que fai referencia a unha das frases da autora, é unha secuencia de lectura nova sobre a poesía rebelde de Luísa Villalta e, ao mesmo tempo, unha mirada documental sobre os seus procesos de liberade creadora. Estamos ante unha poesía que lle esixe a cada poema algo máis alá do pensado.
Adultos/as