Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Cadernos persoais / Pereiro, Lois

por Pereiro, Lois; Pereiro, Lois.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Cova da Lontra 4.Editor: Santiago de Compostela : Chan da pólvora , 2021 Edición: 2021.Descrición: 127 p.ISBN: 9788412222180.Títulos uniformes: Cadernos persoais; Cadernos Persoais.Materia(s): biografía | axenda | viaxes | reflexións | vivenzasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos inéditos, con edición e notas de Hector Cajaraville, que nos descubren novas perspectivas do seu proceso creativo e nos devolven a atmosfera fascinante dun poeta que , atopou nas ondulacións da mente a palabra exacta da poesía. O valor destes cadernos, cedidos pola familia, non é soamente documental ou biográfico, senón de grande intensidade literaria, en tanto que proporcionan un novidoso panorama sobre o proceso creativo dun escritor que concibiu a poesía como medio de liberarse da opresión social e que se convertiu, desde o Día das Letras que lle dedicaron en 2011, nunha das figuras máis admiradas e queridas da literatura galega recente. Os textos, como subliña Cajaraville, “están extraídos de cinco blocs escritos polo autor entre os anos 1989 e 1993 e conservados polo seu irmán Xosé Manuel xunto con outros textos manuscritos inéditos. A maioría das anotacións que os compoñen están realizadas coincidindo coas múltiples viaxes que realizou por diferentes países europeos (Francia, Alemaña, Bélxica e Reino Unido) durante eses anos. Ademais, o volume inclúe a transcrición dunha axenda de 1996 (regalo de Isabel, muller de Xosé Manuel) que contén apuntamentos realizados entre os meses de xaneiro e abril dese ano, os derradeiros da vida de Lois”. Trátase, en definitiva, dun material heteroxéneo no que poden atoparse anotacións “a xeito de diario íntimo” ou poemas enteiros, ademais de ideas para relatos, aforismos, citas literarias e musicais, “pensamentos breves ou reflexións longas, vivencias e anécdotas das viaxes”, mesmo “sentenzas non exentas de enxeño e humor”. Sen dúbida, estamos ante un volume que permite revisitar, en todo o seu esplendor, o característico e engaiolante Mundo Lois.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CIFP Paseo das Pontes
Sala préstamo
82N-G PER cad Dispoñible CER005000000047

Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos inéditos, con edición e notas de Hector Cajaraville, que nos descubren novas perspectivas do seu proceso creativo e nos devolven a atmosfera fascinante dun poeta que , atopou nas ondulacións da mente a palabra exacta da poesía.

O valor destes cadernos, cedidos pola familia, non é soamente documental ou biográfico, senón de grande intensidade literaria, en tanto que proporcionan un novidoso panorama sobre o proceso creativo dun escritor que concibiu a poesía como medio de liberarse da opresión social e que se convertiu, desde o Día das Letras que lle dedicaron en 2011, nunha das figuras máis admiradas e queridas da literatura galega recente.

Os textos, como subliña Cajaraville, “están extraídos de cinco blocs escritos polo autor entre os anos 1989 e 1993 e conservados polo seu irmán Xosé Manuel xunto con outros textos manuscritos inéditos. A maioría das anotacións que os compoñen están realizadas coincidindo coas múltiples viaxes que realizou por diferentes países europeos (Francia, Alemaña, Bélxica e Reino Unido) durante eses anos. Ademais, o volume inclúe a transcrición dunha axenda de 1996 (regalo de Isabel, muller de Xosé Manuel) que contén apuntamentos realizados entre os meses de xaneiro e abril dese ano, os derradeiros da vida de Lois”.

Trátase, en definitiva, dun material heteroxéneo no que poden atoparse anotacións “a xeito de diario íntimo” ou poemas enteiros, ademais de ideas para relatos, aforismos, citas literarias e musicais, “pensamentos breves ou reflexións longas, vivencias e anécdotas das viaxes”, mesmo “sentenzas non exentas de enxeño e humor”.

Sen dúbida, estamos ante un volume que permite revisitar, en todo o seu esplendor, o característico e engaiolante Mundo Lois.

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha