Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O mundo dos vivos / Samuel Solleiro

por Solleiro, Samuel (1982-) [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Chan da pólvora ; 10.Editor: Santiago de Compostela : Chan da pólvora , 2019 Descrición: 51 p. ; 22 cm.ISBN: 9788494993114.Materia(s): relato curto | filosofía da vida | superaciónRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Poucos libros resultan tan conmovedores como O mundo dos vivos, o regreso de Samuel Solleiro á poesía doce anos despois de escribir Punk, un título de culto para toda unha xeración de amantes do verso. Samuel Solleiro non tiña claro que volvese publicar achegas propias ata que no ano 2017 debeu seleccionar varios inéditos para a antoloxía 13, realizada por María Xesús Nogueira e coeditada por Chan da Pólvora xunto a Papeles Mínimos, a editorial madrileña dirixida por Imanol Bértolo. Solleiro remexeu nos cartafoles remotos do seu ordenador, onde estaba o pouco que escribira nos últimos anos, e enfrontouse de repente á carnalidade daqueles textos case esquecidos. Foi, para el, unha experiencia dolorosa e, ao tempo, necesaria. Tanto que ao cabo dunhas semanas volveu escribir, aínda que fose como quen aprende a andar despois de poñer unha perna ortopétida. O resultado é O mundo dos vivos, un libro contra a significación excesiva e o risco de que as metáforas devoren o mundo. Un libro que propón unha maneira sorprendente de abordar o poema nun momento en que resulta necesario, máis que nunca, transitalo por camiños sen trillar. Solleiro constrúe un texto sobre a posibilidade de volver ser o que unha vez se foi e sobre a fascinación de estar aínda sobre a terra, cuestións estas que converten O mundo dos vivos nun dos regresos máis escintilantes da poesía galega última, un poderoso e emotivo exercicio de amor atroz pola vida.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CIFP Paseo das Pontes
Sala préstamo
82N-G SOL mun Dispoñible CER005000000203

Poucos libros resultan tan conmovedores como O mundo dos vivos, o regreso de Samuel Solleiro á poesía doce anos despois de escribir Punk, un título de culto para toda unha xeración de amantes do verso.

Samuel Solleiro non tiña claro que volvese publicar achegas propias ata que no ano 2017 debeu seleccionar varios inéditos para a antoloxía 13, realizada por María Xesús Nogueira e coeditada por Chan da Pólvora xunto a Papeles Mínimos, a editorial madrileña dirixida por Imanol Bértolo. Solleiro remexeu nos cartafoles remotos do seu ordenador, onde estaba o pouco que escribira nos últimos anos, e enfrontouse de repente á carnalidade daqueles textos case esquecidos. Foi, para el, unha experiencia dolorosa e, ao tempo, necesaria. Tanto que ao cabo dunhas semanas volveu escribir, aínda que fose como quen aprende a andar despois de poñer unha perna ortopétida. O resultado é O mundo dos vivos, un libro contra a significación excesiva e o risco de que as metáforas devoren o mundo. Un libro que propón unha maneira sorprendente de abordar o poema nun momento en que resulta necesario, máis que nunca, transitalo por camiños sen trillar.
Solleiro constrúe un texto sobre a posibilidade de volver ser o que unha vez se foi e sobre a fascinación de estar aínda sobre a terra, cuestións estas que converten O mundo dos vivos nun dos regresos máis escintilantes da poesía galega última, un poderoso e emotivo exercicio de amor atroz pola vida.

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha