Eliot, George 1819-1880,

Silas Marner, o tecelán de Raveloe / George Eliot - 1 - Santiago de Compostela : Irmás Cartoné , 2016 - 270 p. 20 cm.

Mary Ann Evans (1819-1880) destacou desde cativa como lectora voraz. Anos despois, ao iniciar a súa carreira de novelista, decidiu adoptar o pseudónimo masculino George Eliot para que a crítica a tomase en serio.

O tecelán Silas Marner vive refuxiado na aldea de Raveloe. Acusado dun roubo que non cometeu e repudiado por todos, dedícase a traballar no seu tear e a amorear cartos. Un día róubanlle o diñeiro e Marner cae no máis profundo desespero; mais a aparición dunha pícara loura á súa porta virá alterar aínda máis a súa existencia.

Silas Marner, unha das novelas máis relevantes da época vitoriana, é un relato de superación da inxustiza e da importante necesidade de vinculación coa propia comunidade no que se retrata o convulso mundo rural da Inglaterra das primeiras décadas do século XIX, coa implantación avanzada do capitalismo industrial e do fanatismo relixioso e sectario

9788494541100


revolución industrial
SXIX
capitalismo

821.111-31"18"

Coa tecnoloxía Koha