VV.AA.

Fisterra : relato curto en Galicia / VV.AA ; presentación, Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade ; introdución, Manuel Forcadela ; coordinadores, Xosé Manuel del Caño, Manuel Pato Vidal, Manuel Álvarez, Ami@s do libro galego, artes e letras. - Ourense : Ediciones Linteo S.L.U. , 2022 - 465 páxinas ; 22 cm. - Colección aberta. .

A entidade cultural "Amigos do libro galego /Artes e letras", constituída no mes de decembro de 2020, pon en marcha unha liña de actuacións entre as que destaca a publicación dun anuario do relato curto. Como punto de partida presenta Fisterra. Relato curto en Galicia, que saca á rúa Linteo Edicións. Conta coa participación de moitas das primeiras firmas da literatura galega. Este volume ofrece textos inéditos, por medio dos que o lector pode tomar o pulso da saúde literaria de Galicia no momento actual.
Lonxe de facer unha lectura superficial, o recomendable sería contrastar estes relatos coa importancia que ten o conxunto da obra de cada autor. Detrás de cada texto hai unha preparación, unha traxectoria, unhas vivencias e unha experiencia que condicionan o estado actual, o momento anímico e creativo dos escritores. Polo tanto, este libro non ten máis que a pretensión de converterse nun chanzo ou nunha canle para pasar da literatura que se fixo ate agora á que empezará a agromar nas próximos semanas, meses, anos.
Sen dúbida, o panorama é esperanzador. Destaca, como aspecto moi positivo, o pulo que está acadando a produción feminina, non só no eido da poesía, tamén no da narrativa. Aporta unha visión nova, con moita calidade, desbordando todos os rexistros. E isto só é o comezo, nunha literatura que representa como precursora, a nivel internacional, o talento de Rosalía de Castro.

9788412380149


contos


Fisterra

821.134.4-32"19/20"(082.2)

Coa tecnoloxía Koha